Feira de Cooperación Transnacional en LEADER


Feria para la Cooperación Transnacional en LEADER

13 de Xuño de 2016
Dinamización rural

A Feira LEADER para a Cooperación Transnacional celebrarase en Estonia do 24 ao 26 de agosto de 2016.


13 de xuño de 2016

O obxectivo da Feira, organizada pola Rede Rural de Estonia, é destacar a importancia da cooperación transnacional para o desenvolvemento rural na Unión Europea.

A reunión celebrarase no Centro de Investigación da Economía Rural en Jäneda e está dirixida a representantes de Grupos de Acción Local, Grupos de Acción Local de Pesca, Autoridades de Xestión, Redes Rurais Nacionais e outras organizacións relacionadas.

O evento centrarase principalmente en:

  • Aspectos regulamentarios da cooperación LEADER/CLLD na rexión do Mar Báltico
  • Debates sobre diferentes temas de cooperación
  • O intercambio de experiencias
  • A procura de asociacións
  • Presentación das áreas de traballo dalgúns dos Grupos de Acción Local

Máis información na páxina web do evento .