
13 de Xuño de 2016
Dinamización rural
A Feira LEADER para a Cooperación Transnacional celebrarase en Estonia do 24 ao 26 de agosto de 2016.
13 de xuño de 2016
O obxectivo da Feira, organizada pola Rede Rural de Estonia, é destacar a importancia da cooperación transnacional para o desenvolvemento rural na Unión Europea.
A reunión celebrarase no Centro de Investigación da Economía Rural en Jäneda e está dirixida a representantes de Grupos de Acción Local, Grupos de Acción Local de Pesca, Autoridades de Xestión, Redes Rurais Nacionais e outras organizacións relacionadas.
O evento centrarase principalmente en:
- Aspectos regulamentarios da cooperación LEADER/CLLD na rexión do Mar Báltico
- Debates sobre diferentes temas de cooperación
- O intercambio de experiencias
- A procura de asociacións
- Presentación das áreas de traballo dalgúns dos Grupos de Acción Local