Seminario da Asociación Europea para a Innovación EIP-AGRI "Revolución dos datos: novos modelos de negocio emerxentes no sector agroalimentario", Sofía, Bulgaria

22 de Junio de 2016 00:00 // 23 de Junio de 2016 00:00
Localización
Sofía. Bulgaria
Descripción

O seminario EIP-AGRI, organizado pola Comisión Europea, terá lugar os días 22 e 23 de xuño de 2016 en Sofía, Bulgaria.

O seminario está dirixido a agricultores, silvicultores, consultores, investigadores e líderes empresariais da Unión Europea.

A participación no evento require unha invitación por parte dos organizadores.
O prazo de solicitude para participar no seminario estará aberto desde o martes 15 de marzo ata o martes 22 de marzo.

Os obxectivos específicos do seminario son:

  • Identificar e analizar modelos de negocio baseados en datos reais e potenciais no sector agrícola, incluíndo toda a cadea de subministración.
  • Identificar as condicións propicias para estes modelos de negocio.
  • Desenvolvemento de novos modelos de negocio baseados en datos reais.
  • Compartir experiencias e ideas dos participantes

As experiencias dos participantes serán unha parte fundamental do seminario. Polo tanto, as persoas solicitantes que desexen participar no seminario deben compartir a súa experiencia ou idea para un modelo de negocio baseado en datos no sector agroalimentario. Poden ser experiencias xa aplicadas ou simplemente un concepto.

Os participantes seleccionados serán notificados a mediados de abril. Os gastos de viaxe e aloxamento dos participantes poderán ser cubertos pola Comisión Europea.

Máis información en https://ec.europa.eu/eip/agriculture/en/Seminar_Data_Revolution

Fecha inicio inscripción
Fecha fin inscripción
Organiza
Comisión Europea. Punto de servizo EIP-AGRI

No requiere inscripción o la inscripción es externa.