Curso - Aplicación de FertiliCalc ao cálculo de doses de fertilizantes e ao deseño de fertilizantes
Datas: 21, 22, 26 e 27 de outubro de 2026
Formación completamente gratuíta en formato semipresencial ( en liña/presencial) centrada no uso e aplicación do programa FertiCalc para mellorar a toma de decisións na agricultura e a eficiencia da fertilización.
Este curso aborda primeiro os fundamentos teóricos incorporados en FertiliCalc, incluíndo as características dos fertilizantes, o balance de macronutrientes N, P e K, as estratexias de fertilización para cada nutriente, a fertilización orgánica e a fertilización axustada localmente. Despois, aborda o funcionamento do software e presenta varias alternativas prácticas de proxectos para desenvolver durante o curso. A sesión final está dedicada a unha discusión en grupo dos resultados dos proxectos desenvolvidos polos participantes.
A formación está dirixida a:
- Técnicos e asesores no sector agrícola.
- Profesionais de empresas relacionadas coa produción e venda de produtos fertilizantes.
- Estudantes de grao e posgrao, persoal investigador e profesorado.
- Funcionarios públicos e responsables da planificación agrícola

Inscrición aberta ata o 13 de outubro





